subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O campo de béisbol de Porto Avieira acollerá este domingo o I Torneo Concello de Oroso Leones BBC.


 

O campo de béisbol de Porto Avieira acollerá este domingo 12 de marzo o I Torneo Concello de Oroso Leones BBC, no que participarán dous clubs da primeira nacional, Druída (Coruña) e Trasnos (Vigo), ademais dos locais Leones BBC de Oroso. O triangular comezará ás 10:30 horas co partido Leones-Druída, ao que seguirán os encontros Druida-Trasno (13:00 horas) e Trasno-Leones (14:30 horas).

O torneo está organizado polo club Leones BBC, en colaboración co Concello de Oroso e a Federación Galega de Béisbol (Fegabe). O campionato conta coa colaboración de Seguros Reale, Galicia Saudable, Abanca, Deporte Galego e as lavanderías Auga Bela (Sigüeiro), Fonte Belida (Teo) e A.A. (Ordes).