subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Máis de sesenta veciños e veciñas desfrutan do concerto de jazz e música galega dos profesores da Escola de Música de Oroso.


orosoMáis de sesenta veciños e veciñas de Oroso desfrutaron do concerto especial dos profesores da Escola de Música de Oroso no centro cultural de Sigüeiro. Unha actuación moi aplaudida e que tivo unha duración de algo máis de unha hora, e logo de que comezara con quince minutos de atraso e tras superar “os problemas típicos do directo”, como bromeou o director da Escola, Juan Salgueiro, cando a guitarra deixou de soar.

Unha actuación que reuniu a un público adulto, se ben non faltaron tamén moitos nenos e nenas que desfrutaron do jazz interpretado por Juan Ramón Salgueiro (guitarra), Álvaro Trillo (batería), Óliver Cano (piano) e Pablo Pérez (contrabaixo). A mestra de violín e canto, Ruth García, tamén se sumou á actuación con temas de música galega interpretados a dúo con Pablo Pérez e con Juan Ramón Salgueiro, que mesmo se animou a cantar. Para os últimos temas, Ruth García uniuse a todo o elenco de profesores para interpretar varios temas de jazz en inglés.

Esta actuación está enmarcada no conxunto de actividades que a Escola de Música de Oroso organiza anualmente en colaboración co Concello de Oroso, cuxo alcalde, Manuel Mirás, asistiu ao concerto canda as concelleiras de Ensino, Beatriz Rodeiro; e Turismo, Vanesa Boo; e os concelleiros de Obras, Eduardo Veiras; e Comercio, Antonio Leira.