Sigüeiro acolle este venres unha charla sobre razas autóctonas e a inauguración dunha mostra fotográfica do Can de Palleiro.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asistirá este venres 13 de xaneiro á inauguración da Primeira Exposición Fotográfica sobre o can de palleiro, que terá lugar este venres 13 de xaneiro, ás 20:30 horas, no centro cultural Fernando de Casas e Novoa de Sigüeiro. Un acto organizado polo Club de Raza Can de Palleiro, que conta coa colaboración da Consellería do Medio Rural e do Concello de Oroso. Tras a inauguración da exposición terá lugar unha charla sobre as razas autóctonas galegas. A mostra poderá visitarse no centro cultural de Sigüeiro ata o vindeiro 28 de xaneiro.