subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso convoca dous obradoiros infantís de debuxo e pintura e un terceiro para adultos.


orosoO Concello de Oroso convoca tres obradoiros de debuxo e pintura, dous infantís e un para adultos, que terán lugar a partir do próximo mes de novembro no centro cultural de Sigüeiro. Os prezos oscilan entre os 60 e os 80 euros por todo o curso e as inscricións deberán realizarse no no centro cultural, ou no teléfono 981 690 903.

Os obradoiros infantís terán lugar os luns ou venres, segundo prefiran os inscritos. Os nenos e nenas de 3 a 5 anos terán clase de 16:30 a 17:30 horas; mentres que os maiores de 6 anos terán clase de 17:30 a 19:00 horas. Os prezos para todo o curso, material non incluído, son de 60 e 70 euros, respectivamente. No caso do obradoiro de debuxo e pintura para adultos o prezo será de 80 euros e as clases terán lugar os luns, de 19:00 a 21:00 horas.

Para a realización de cada obradoiro é preciso un mínimo de 8 participantes por grupo. A inscrición realizarase por orde de anotación, se ben terán preferencia os veciños e veciñas empadroados en Oroso. Os non empadroados terán ademais unha cota diferente: 90 euros (de 3 a 5 anos), 110 euros (maiores de 6 anos) e 130 euros (adultos).