subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Xuventude Crea


orosoA Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ven de publicar as bases que rexen o programa 'Xuventude Crea' e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Co fin de promover a creatividade, nomeadamente a creatividade en galego, da mocidade de Galicia, o programa 'Xuventude Crea' da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado establece premios de 3.000, 1.500 e 1.000 euros para obras producidas por persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, nas seguintes categorías: teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda, cociña e danza moderna.

Naquelas creacións que impliquen ou poidan levar aparellada a creación de textos (teatro, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada e graffiti), estes deberán estar en galego.

Máis información en: http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea