subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso organiza un curso gratuíto de defensa persoal para mulleres.


orosoO Concello de Oroso organiza un curso gratuíto de autodefensa para mulleres, que terá lugar durante os catro primeiros mércores do mes de novembro: 2, 9, 16 e 23. As clases terán lugar no complexo deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro en horario de 10:00 a 11:30 horas. As veciñas de Oroso interesadas en participar só teñen que inscribirse no Servizo Emprega Oroso, emprazado no Concello de Oroso, ou no teléfono 981 69 14 78.

Este curso de defensa persoal para mulleres dá continuidade aos obradoiros de autoprotección para mulleres celebrados en 2014 e 2015. En todos os casos trátase de promover o uso das artes marciais como elemento de prevención emocional e física contra a violencia de xénero. Así, e da man dun especialista da academia “Keysi by Justo Diéguez”, as mulleres participantes aprenderán técnicas de defensa ante calquera perigo.