subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Trece veciñas de Oroso participan nun obradoiro de autoprotección para mulleres.


orosoUn total de trece veciñas de Oroso participaron nun obradoiro de autoprotección para mulleres organizado polo Concello de Oroso no complexo deportivo Juanito Amigo, dentro do seu programa de actividades conmemorativas do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Durante algo máis de tres horas, estas veciñas aprenderon técnicas de autoprotección e defensa ante calquera perigo da man dun especialista en artes.

O programa especial posto en marcha polo Concello de Oroso co gallo do 25 de novembro pecharase mañá venres 28 de novembro coa representación da obra “O país dos mandóns”. O centro cultural de Sigüeiro acollerá, a partir das 18:00 horas, a actuación da compañía Ghazafellos, que porá en escena unha obra sobre o machismo e a igualdade de xénero. autoprotección muller Unha iniciativa recomendada para toda a familia, xa que Ghazafelhos utiliza unha linguaxe moi sinxela e especialmente cercada ao público infantil. O espectáculo está organizado polo Concello de Oroso, en colaboración coa Deputación da Coruña.