subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Manifesto Día Internacional para a Eliminación da Violencia nas Mulleres.


 

orosoMediante o seguinte manifesto o Concello de Oroso quere expoñer a súa máis enérxica repulsa á violencia de xénero. Un atentado contra os dereitos humanos que impide evolucionar debidamente á nosa sociedade. Coa sinatura deste documento ratificamos o noso compromiso institucional na loita contra esta lacra social, así como o noso esforzo en traballar intensamente cos máis novos e novas no seu proceso educativo.

O noso traballo a prol da igualdade ocupa un lugar prioritario nas nosas axendas ao longo de todo o ano. O noso traballo continuo pasa polo ámbito da sensibilización, a prevención e a protección dos máis afectados. É dicir, as mulleres e os nenos e nenas. Na violencia de xénero cada día conta. Por iso rexeitamos e denunciamos calquera tipo de agresión e abuso indistintamente do ámbito no que se produza.

A nosa responsabilidade como dirixentes institucionais inclúe a continuidade dos programas educativos no ámbito académico e familiar, a promoción de novos programas de intervención nos casos detectados, a protección das vítimas, así como a cooperación con todo tipo de administracións e axentes implicados nesta batalla da que estamos seguros que sairemos todas e todos vitoriosos.

Oroso, 25 de novembro de 2014

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde de Oroso

Antonio Leira Piñeiro
Portavoz Grupo Municipal Socialista

José Manuel Balado Martínez
Portavoz Grupo Municipal Partido Popular

Xosé Manuel Pérez Penas
Portavoz Grupo Municipal Bloque Nacionalista Galego

Manuel Siverio Mirás Liñares
Portavoz Grupo Municipal Partido Galeguista