subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Presentación de "Castelao constructor de Nación" volume I e II de Miguel Anxo Seixas


orosoDende a Concellería de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización lingüistica queremos dar as grazas a Diego Conde pola sua participación na presentación do libro "Castelao Constructor de Nación" volume I e II", e por suposto tamén o seu autor, Miguel Anxo Seixas, por ilustrarnos dun xeito tan maxistral a biografía de Castelao.

Castelao. Constructor de Nación
O meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar os galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista. Unha biografía monumental, concibida por Miguel Anxo Seixas case coma un diario da vida cotiá de Castelao cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública xunto a actualidade da época. Labor de toda unha vida dedicada á investigación, á recollida de datos e documentación, o autor desta crónica deita no papel a súa paixón pola busca do pormenor significativo, o seu rigor na comprobación e descuberta de aspectos ignorados ou esquecidos, o gusto por rexistrar os pasos e a obra de quen foi unha das personalidades fundamentais na construción da nación galega.

O autor
Miguel Anxo Seixas Seoane (Arzúa, 1960) é Licenciado de grao en Historia do Arte Moderno e Contemporáneo pola Universidade de Santiago de Compostela (1984), vicepresidente da Fundación Castelao e coordinador do Arquivo de Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.
As súas liñas de investigación céntranse na intelectualidade galega e en 2017 defendeu a súa tese doutoral, titulada Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Biografía dun construtor da nación.
Entre as súa obras podemos destacar “O Camiño de Santiago” (1990), “Ánxel Casal” (1995), “Castelao pintor” (2006, Galaxia) e “Quen fora pedra” (2017). Ademais participou en numerosas obras colectivas como “Celso Emilio Ferreiro” (1989), “Para ler a Castelao I e II” (2000, Galaxia) e “Camilo Díaz Baliño, o deseñador da nación” (2016), e “Castelao. Construtor da nación”, tres volumes que abordan, dunha maneira definitiva, a vida e a obra do autor rianxeiro.