subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Curso internet e ofimática con LibreOffice


Preparación das probas libres para a obtención do CODIX

orosoA aula CeMIT de Oroso convoca un curso gratuito de internet e ofimática a través da ferramenta LibreOffice que terá lugar dende o 19 de outubro ata o 5 de novembro en horario de 10 a 12 horas e que servirá para a preparación das probas libres para a obtención do CODIX.

Datas e horario
A formación terá lugar en horario de 10:00 a 12:00 horas durante os días 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de outubro e 2, 3, 4 e 5 de novembro de 2020.

Colectivo destinatario
Cidadanía en xeral que cumpra os seguintes requisitos: Utilizar con axilidade un ordenador (manexo do teclado e do rato, apertura e peche de programas, uso de cartafoles, etc.)

Obxectivos
· Ofrecer unha visión ampla da informática no seu uso cotián, facendo fincapé nas ferramentas tecnolóxicas de uso máis frecuente referentes ás aplicación de oficina.
· Aprender ofimática (procesadores de texto, follas de cálculo, base de datos, etc.) de forma correcta usando ferramentas libres, co fin de que os alumnos coñezan un maior abano de programas coas que xestionar os seus documentos e sexan capaces de obter o maior proveito das diferentes alternativas existentes.
· Acadar os coñecementos e recursos necesarios para a preparación da proba libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, CODIX.

CODIX ¿Qué é?
A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

Metodoloxía
Formación práctica en combinación con explicacións e orientacións sobre as actividades a realizar.
Adecuación dos contidos e prácticas á preparación da proba libre para a obtención do CODIX.

Programa
- Internet
- LibreOffice Writer. O procesador de textos
- LibreOffice Impress. Presentacións dixitais
- LibreOffice Calc. Follas de cálculo
- LibreOffice Base. Bases de datos

Como solicitar praza
A través de https://cemit.xunta.gal/actividade/34397
ou na Aula de Formación EducaOroso