subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula Mentor EducaOroso abre o prazo de inscrición nos cursos Cisco CCNA e nun curso de introdución ao sistema operativo Linux.


 

O Concello de Oroso, a través da Aula Mentor EducaOroso, abre o prazo de inscrición nos módulos 1, 2 e 3 do curso Cisco CCNA 6 e no módulo 4 do CCNA 5, ademais dun novo curso formativo: “Linux Essentials”, de introdución ao sistema operativo Linux. A matrícula poderase realizar na Aula Mentor EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro) ou no 981 688 950 dende hoxe e ata o vindeiro 8 de febreiro.

Os CCNA Cisco son unha certificación internacionalmente recoñecida como un estándar da industria para o deseño e soporte en redes LAN e Wan, que garanten que os estudantes certificados gozan dun alto nivel de coñecementos. Uns cursos que, a diferenza da flexibilidade do resto da oferta formativa da Aula Mentor EducaOroso, teñen uns prazos máis ríxidos e que comenzarán a impartirse o próximo 12 de febrero, polo que os alumnos recibirán os datos de acceso á plataforma NetAcad durante a semana do 5-11 de febreiro.

Nesta ocasión, a Aula Mentor EducaOroso ofrece o itinerario Cisco CCNA6 (módulos 1, 2 e 3) e CCNA5 (módulo 4). Dende o Concello de Oroso lembran que para matricularse nun módulo é requisito imprescindible ter superados os módulos anteriores.

Linux Essentials

Ademais, a Aula Mentor EducaOroso presenta unha nova oferta formativa: "Linux Essentials", un curso de introdución sobre o sistema operativo Linux que foi desenvolvido por NDG e que se imparte na Academia de Cisco. Este curso ten unha duración de 4 meses, durante os cales é necesario ter activa a matrícula permanentemente na Aula Mentor EducaOroso.

As datas de matrícula son as mesmas que para a convocatoria Cisco CCNA: dende hoxe ata o 8 de febreiro. As actividades docentes do curso comezarán o 19 de febreiro polo que os alumnos recibirán os datos de acceso á plataforma NetAcad durante a semana do 14-18 de febreiro.