subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Conxelación matrículas Aula Mentor.


orosoCon motivo das vacacións de Nadal e o peche da Aula de Formación EducaOroso, o Concello de Oroso informa de que se activa o período para solicitar a conxelación de matrículas.

Podes pedir a conxelación da matrícula ao administrador da Aula de maneira presencial ou enviando un correo(educaoroso@concellooroso.com) antes do 18 de decembro. Non se farán conxelacións de matrículas por teléfono.

Lembra que só se poden conxelar matrículas que non estean caducadas e que as dos cursos CISCO, Linux e SalesForce (así como os cursos gratuítos) NON se poden conxelar. Todas as matrículas que se conxelen nestes días serán desconxeladas automaticamente o 8 de xaneiro de 2018.