subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso informa da data da proba de acceso para a obtención do Graduado en Educación Secundaria.


A proba terá lugar o luns 6 de novembro ás 20:00 horas na Aula de Formación EducaOroso.

O Concello de Oroso acaba de publicar a listaxe de aspirantes admitidos así como a data, hora e lugar para realizar a proba de acceso “Preparación da proba para a obtención de título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos” que ten como finalidade dar a coñecer os contidos necesarios da proba libre que se convoca anualmente a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a obtención do citado título.
As probas realizaranse na Aula de Formación EducaOroso o vindeiro luns día 6 de novembro ás 20:00 horas.

O prazo de inscrición estivo; aberto ata o 27 de outubro e o número de prazas estába limitado a 20. Tras realizar esta proba de acceso coa finalidade de establecer un punto de partida homoxéneo para todos os alumnos e alumnas do curso, ao longo do curso abordaranse os temas máis salientables da educación secundaria para adultos coa finalidade de recoñecer os obxectivos principais desta etapa educativa e poder superar a proba libre que se convoca anualmente a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a obtención do Graduado en ESO.



[Resolución de alcaldia: Admitidos e convocatoria da proba de acceso.]
[Descarga solicitude de inscrición]
[Descarga da resolución da convocatoria das probas]