subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Comeza unha nova temporada dos Martes Saudables en Oroso cunha charla sobre prevención de enfermidades na terceira idade.


orosoUns 25 veciños e veciñas de Oroso participaron na tarde de onte nunha charla sobre prevención de enfermidades na terceira idade, que serviu para abrir unha nova temporada dos “Martes saudables”, unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Oroso para achegar aos maiores temas relacionados coa saúde, o benestar e os servizos sociais. Despois do parón estival, o Concello de Oroso retomou estas sesións cunha charla sobre consellos para que os maiores do municipio poidan levar unha vida saudable.

As próximas citas son xa dous clásicos deste programa: primeiros auxilios (martes 8 de novembro) e musicoterapia (martes 13 de decembro). A novidade será que a charla do martes 8 de novembro estará especializada nos primeiros auxilios a persoas con dano cerebral. En ambos casos, as charlas terán lugar no local da terceira idade de Sigüeiro, en horario de 17:00 a 19:00 horas. A asistencia é gratuíta, se ben por razóns de loxística é preciso anotarse previamente no Servizo Emprega Oroso ou no teléfono 981 691 478