Nova convocatoria para a obtención da "Certificación Cisco CCNA".
A matrícula de setembro podrá realizarse o 15 de xuño.
A Aula Mentor de Oroso infórmalle os usuarios que o próximo 15 de xuño poderase realizar a solicitude de matrícula para a convocatoria setembro 2016 para obter a certificación Cisco CCNA-5. Podes ver maior información e planificacións de cada un dos módulos a través dos seguintes enlaces:
DESCARGA O DÍPTICO CON INFORMACIÓN PICANDO AQUÍ
INFÓRMATE SOBRE OS CURSOS Cisco-CCNA PICANDO AQUÍ
Dado que a planificación do curso comeza o día 5 de setembro, todas a matrículas serán modificadas dende aquí para que a data de inicio sexa a mesma (5 de setembro), independentemente do momento en que se formalizara a súa solicitude.
Para matricularse nun módulo é requisito imprescindible ter superados os módulos anteriores. Isto implica que os alumnos que actualmente están a rematar a convocatoria actual non deben ser matriculados ata que non reciban a cualificación de APTO.
Os cursos Cisco CCNA-5 teñen un planificación predeterminada de cinco meses, polo que non gozan da flexibilidade do resto da oferta formativa. Os alumnos que desexen completar cada módulo deben manter activa a súa matrícula durante os sinalados cinco meses, partindo dunha matrícula inicial de dous meses e podendo recargar o resto nunha única operación ao inicio ou de xeito paulatino mes a mes para evitar a perda do invertido no caso de abandono.