subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso pon en marcha unha campaña canda os comerciantes para que ningún neno quede sen xoguetes o Día de Reis.


orosoO Concello de Oroso vén de poñer en marcha a campaña “En Reis, ningún neno/a sen agasallo”, coa que pretende que todos os nenos e nenas das familias máis vulnerables do municipio poidan disfrutar dun agasallo o día de Reis. Unha iniciativa na que conta coa total e desinteresada colaboración de practicamente a totalidade dos establecementos comerciais do municipio, que durante as próximas semanas albergarán nos seus locais unhas huchas para recoller os donativos que queiran facer os seus clientes.

A Concelleira de Benestar Social, Beatríz Rodeiro, explica que “o obxectivo da campaña é que os clientes que acudan aos distintos negocios de Oroso poidan, se así o desexan, achegar un donativo co que compraremos agasallos para os nenos e nenas das familias máis vulnerables do noso municipio. Queremos que nun día tan especial como o de Reis todos os nenos e nenas teñan un xoguete co que poder xogar”.
Beatríz Rodeiro destaca tamén “a gran implicación un ano mais dos comerciantes de Oroso"

As huchas xa están en todos os locais comerciais de Oroso, de xeito que todos os que o desexen poden deixar os seus donativos nelas ata o 17 de decembro. Despois, os Servizos Sociais de Oroso recollerán os cartos e se lle entregarán a os dous establecementos que lideran esta campaña canda o Concello, Refoxos e Aula 10, para que consigan os regalos para as familias máis desfavorecidas do municipio. Uns agasallos que serán entregados a principios de xaneiros ás familias dunha forma totalmente discreta para que poidan ser recibidos polos pequenos o Día de Reis.