subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula CeMIT de Oroso organiza dous cursos gratuítos sobre “intelixencia emocional e social” e “creatividade en contextos profesionais”.


orosoA Aula CeMIT de Oroso organiza dous curso gratuíto de 41 horas lectivas (16 de presenciais e 25 de seguimento posterior en liña) sobre creativdade en contextos profesionais e intelixencia emocional e social durante os últimos días de xuño e o mes de xullo.

Creatividade en contextos profesionais

Un curso que lle ensinará o alumnado a pensar de modo práctico e a saber facer exercicios de pensamento activo para coñecer cáles son as boas ideas (aquelas que se poden converter en accións) e cáles son as malas ideas (aquelas que non se poden levar a cabo) e saber converter as boas ideas en ideas mellores (aquelas que son capaces de ter vida propia e impacto persoal e social). As clases presenciais impartiranse do 29 de xuño ao 2 de xullo, en horario de 12:00 a 14:00 horas na Aula CeMIT de Oroso.

Intelixencia emocional e social

Un curso que pretende ensinarlle ao alumnado a recoñecer e manexar as súas propias emocións como elementos de mellora persoal e profesional. Ademais, aprenderán ferramentas, estratexias e métodos para potenciar a intelixencia emocional e implementala en ámbitos profesionais concretos. As clases presenciais impartiranse do 6 ao 9 de xullo, en horario de 12:00 a 14:00 horas na Aula CeMIT de Oroso.

A participación é totalmente de balde, só é preciso anotarse previamente na web da Aula CeMIT orosá: https://cemit.xunta.es/gl/centro/53 ou nos mails cemit.oroso@xunta.es ou educaoroso@concellooroso.com.