web da Aula CeMIT orosá. " /> web da Aula CeMIT orosá. " /> web da Aula CeMIT orosá. " /> Concello de Oroso - Cursos gratuitos na aula CeMIT.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula CeMIT de Oroso organiza un curso de 22 horas sobre o uso das aplicacións web gratuítas de Google.


A aula orosá ten aberta a inscrición noutros dous cursos durante o mes de xuño: “Configuración de maquinas virtuais: VirtualBox” e “Creatividade en contextos profesionais”.

orosoA Aula CeMIT de Oroso organiza un curso de 22 horas lectivas sobre o uso das aplicacións web gratuítas de Google, que ten como obxectivo que o alumnado aprenda a aproveitar todos os recursos dispoñibles nesa plataforma. Un curso que será impartido de luns a xoves, en horario de 16:00 a 18:00 horas, dende este luns 15 de xuño ata o xoves 2 de xullo na Aula CeMIT de Oroso. As inscricións poden realizarse a través da web da Aula CeMIT orosá.

Este curso de Google Apps está dirixido a usuarios de Google tanto en plataforma web como móbil que queiran aproveitar todos os recursos gratuítos das aplicacións en liña dispoñibles na plataforma de Google: Gmail, Google Calendar, Google Drive, Google Docs, Google+, Google Maps, Google Shopping... Ademais, o alumnado aprenderá a vencellar as plataformas web e móbil e a beneficiarse da nube de Google para realizar copias de seguridade de ficheiros, documentos, contactos...

Outros cursos

Así mesmo, a Aula CeMIT Oroso informa de que ten aberto o prazo de inscrición noutros dous cursos que se comezarán a impartir este mes de xuño: “Configuración de máquinas virtuais (VirtualBox)” e “Creatividade en contextos profesionais”. O primeiro deles será o de VirtualBox, que empezará a impartirse o vindeiro luns 15 de xuño en horario de 12:00 a 14:00 horas. Son 16 horas formativas, que terán lugar ata o 25 de xuño, e nas que o alumnado aprenderá a instalar e configurar VirtualBox, así como crear, modificar e manter máquinas virtuais ou optimizar o funcionamento de máquinas xa existentes.

E para o 29 de xuño queda o curso “Creatividade en contextos profesionais”, que terá lugar ata o 2 de xullo e que inclúe 16 horas formativas presenciais e outras 25 horas en liña. Neste tempo o alumnado aprendera como orientarse para a produción de ideas, coñecer os mecanismos de control do proceso creativo e saber diferenciar entre as ideas que se poden converter en accións e aquelas que non se poden levar a cabo.