subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Biblioteca Municipal de Oroso organiza este venres unha xincana literaria para despedir a temporada do Programa de Animación á Lectura.


A actividade é totalmente de balde, haberá 50 prazas e as inscricións poden realizarse na biblioteca ou no 981 690 903.

orosoA Biblioteca Municipal de Oroso organiza este venres 29 de maio unha xincana literaria coa que porá o punto e final a esta temporada do Programa de Animación á Lectura. Trátase dunha actividade especial de fin de curso dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade, terá lugar ás 18:00 horas e unha duración aproximada de hora e media.

A participación nesta actividade é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente na Biblioteca Municipal de Oroso ou no teléfono 981 690 903. Hai dispoñibles un total de 50 prazas. A xincana literaria será unha especie de recompilación do realizado durante todo o curso, onde os nenos e nenas afrontarán multitude de xogos cooperativos relacionados coa literatura.