subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Noelia Barreiro, Diego Raña e Gonzalo Mirás, gañadores do Concurso Marcapáxinas.


Medio cento de rapaces e rapazas de Oroso participaron na representación de “Contos de lobo”, de Teatro Ghazafelhos

orosoO concelleiro de Cultura, Antonio Leira, fixo entrega dos premios do Concurso de Marcapáxinas, cuxas propostas poderán contemplarse na sala infantil da biblioteca municipal de Sigüeiro durante este mes de maio. Ademais, o Concello de Oroso editará as propostas gañadoras, que repartirá durante a conmemoración do Día das Letras Galegas de 2016.

Os gañadores deste ano son: Noelia Barreiro Gaspar, de 5 anos, que repite triunfo por segundo ano consecutivo na categoría de 3 a 5 anos; Diego Raña Vázquez, na categoría de 6 a 8 anos; e Gonzalo Mirás Varela, na categoría de 9 a 11 anos. A categoría de 12 a 14 anos foi declarada deserta.

Despois da entrega de galardóns tivo lugar unha sesión especial de teatro infantil a cargo de Teatro Ghazafelhos, que presentou “Contos de lobo” e na que participaron activamente algúns dos preto de medio cento de rapaces e rapazas que asistiron. Dúas actividades incluídas no programa do Concello de Oroso para conmemorar o Día das Letras Galegas.