O Concello de Oroso inicia un plan de bacheo nas estradas e pistas de todo o municipio no que investirá 25.000 euros.
Os traballos comezaron coa ampliación da rúa María Casares, emprazada na urbanización Porto Avieira (Gándara).
O Concello de Oroso vén de iniciar un plan de bacheo das vías municipais das distintas parroquias do municipio. Uns traballos de mellora e conservación que comezaron coa ampliación da estrada na rúa María Casares, unha das principais vías de entrada a saída da urbanización Porto Avieira (Gándara), e nos que o Concello de Oroso vai investir preto de 25.000 euros.
O concelleiro de Obras, Eduardo Veiras, explica que “empezamos este plan de bacheo por Porto Avieira e os accesos ao Refuxio. Agora seguiremos traballando nos Ánxeles e despois bachearemos todas as pistas municipais das distintas parroquias”. Os traballos estarán rematados a principios do mes de agosto.