subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso inicia un plan de bacheo nas estradas e pistas de todo o municipio.


orosoO Concello de Oroso inicia esta semana un plan de bacheo das vías municipais das distintas parroquias do municipio. Uns traballos de mellora e conservación que comezaron esta semana polo núcleo urbano de Sigüeiro e que agora se extenderán ao resto de parroquias aproveitando a chegada do tempo seco.

Este plan de bacheo súmase ao inicio tamén da primeira fase do asfaltado da pista de concentración parcelaria entre Ponte Arderís e Castiñeiro Redondo, dunha extensión aproximada de 1,2 quilómetros. Esta pista facilitará a comunicación entre as parroquias de Calvente e Senra.