subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O goberno de Oroso aproba o investimento de 166.000 euros do plan provincial DTC 93.


Empregaranse na reparación de beirarrúas e da rede de pluviais da Rúa do Lengüelle, na capa de rodadora da Rúa Otero Pedraio, e no reforzo estrutural da Casa do Concello.

A oposición abstívose porque prefería votar as obras unha a unha en vez do plan en conxunto, botando man de escusas “demagóxicas”, tal como as describiu o alcalde, Manuel Mirás.

orosoO pleno extraordinario celebrado esta mañá pola corporación de Oroso aprobou a participación do Concello no Plan DTC 93 da Deputación da Coruña, que suporá un investimento de 166.049,07 euros no municipio. A iniciativa foi aprobada cos votos a favor do grupo de goberno (PsdeG-PSOE), mentres que as formacións da oposición (PP, BNG e PGD) se abstiveron.

O proxecto de maior importe aprobado hoxe, por valor de 108.374 euros, permitirá a reparación das beirarrúas e da rede de evacuación de augas pluviais na Rúa do Río Lengüelle, en Sigüeiro. Por importe de 38.166,72 euros, o plan DTC incluirá tamén un proxecto de reforzo estrutural da Casa do Concello. E un terceiro proxecto, orzamentado en 19.508,35 euros, consistirá no adecentamento da capa de rodadura da calzada da Rúa Otero Pedraio, na zona de acceso ao parque empresarial de Sigüeiro.

Os partidos da oposición amosáronse disconformes con darlle o seu visto bo ao proxecto da Rúa do Río Lengüelle, porque preferían que tivese xa un informe da dirección xeral de Patrimonio da Xunta. Por eso, pediron votar os tres proxectos un a un. O alcalde, Manuel Mirás, lembroulles que o punto, que era o único da orde do día, se debería tratar en conxunto, e acusounos de botar man das escusas “demagóxicas de sempre”. Mirás explicoulles que o informe de Patrimonio foi convintemente tramitado e amosouse convencido de que a administración autonómica o emitirá a tempo para a execución da obra, como sucedeu co proxecto de Otero Pedraio.

O rexedor advertiulles aos integrantes de PP, BNG e PGD de que “non poden intentar quedar ben” e non votar a favor porque “para sacar adiante as cousas hai que mollarse”. Lembroulles que a aprobación dos tres proxectos ten que constar na Deputación antes do 19 de maio, de modo que se prevalecese a actitude da oposición Oroso perdería o investimento