subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso habilita unha zona de aparcamento a carón da igrexa parroquial de Trasmonte na que investiu 56.000 euros.


Trátase dunha parcela de 1.300 m2 que evitará os problemas de acceso aos oficios na Igrexa de Trasmonte.

orosoO Concello de Oroso vén de habilitar unha zona de aparcamento de 1.300 m2 na parroquia de Trasmonte nas que investiu algo máis de 56.0000 euros, procedentes dun expediente de modificación de crédito con cargo ao remanente líquido de tesourería. Unhas obras executadas durante os últimos dous meses e que consistiron no recheo dunha parcela situada a carón da igrexa, que foi habilitada como zona de aparcamento, e na canalización das augas pluviais na zona.

O concelleiro de Vías e Obras, Eduardo Veiras, explica que “a canalización das pluviais diante da igrexa era precisa xa que, cando chovía moito, esa acumulación de auga prexudicaba tanto á estrada como ao propio entorno da igrexa”. Ademais, destaca que coa habilitación desta zona de aparcamento “os veciños terán un lugar onde deixar os seus vehículos e evitaranse os problemas de acceso que se producían cada vez que se celebraba un oficio relixioso”. Eduardo Veiras tamén salienta a importante colaboración da Igrexa, xa que cedeu en concesión ao Concello de Oroso esa parcela de 1.300 m2 nas que se habilitou o aparcamento.