subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso licita por 56.000 euros as obras de recheo dunha parcela para aparcamento na parroquia de Trasmonte.


As obras teñen un prazo de execución de 2 meses e evitarán os problemas de acceso aos oficios na Igrexa de Trasmonte.

O Concello de Oroso licitou por 56.437 euros (IVE incluído) as obras de recheo dunha parcela destinada a aparcamento na parroquia de Trasmonte, que foron adxudicadas á empresa Eulogio Viñal y Construcciones SA. Unha obras que teñen un prazo de execución de dous meses e que serán financiadas integramente polo Concello de Oroso, grazas a un expediente de modificación de crédito aprobado o pasado 27 de abril con cargo ao remanente líquido de tesourería.

O concelleiro de Vías e Obras, Eduardo Veiras, explica que “trátase dunha zona achegada á Igrexa de Trasmonte, con pistas estreitas e sen ningún sitio para poder aparcar polo que, cada vez que se celebra calquera oficio relixioso, os veciños e veciñas da parroquia teñen moitas dificultades para acceder ao lugar”. Coa execución deste proxecto, os veciños e veciñas de Trasmonte terán unha zona de aparcamento a carón da igrexa da parroquia, nuns terreos que a Igrexa cedeu en concesión ao Concello de Oroso.