subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Información actualizada COVID-19 en Oroso


orosoPolo que respecta á situación epidemiolóxica e a aos novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días, o Concello de Oroso segue nun nivel de alerta 1 (entre 7 e 14 casos positivos).

Lembrade que na web www.concellooroso.com podedes seguir a información actualizada da evolución do coronavirus no municipio, cos datos que a Xunta de Galicia envía aos concellos.

Por outra parte, desde esta pasada medianoite entrou en vigor o nivel 2 de restriccións en toda Galicia.

Qué limitacións entran en vigor?

-Reunións de máis de 5 persoas.
-50% de ocupación en interior de bares, cafeterías e restaurantes. Prohibido o consumo en barra. 75% ocupación en terrazas.
-50% de ocupación en interior de establecementos comerciais.
-Eventos deportivos (exterior-interior) 150-60 persoas.
-50% de aforo en actividades culturais e entrenamentos de clubes deportivos federados.
-Máis info no DOG: Nº212-bis

Desde o concello, facemos un chamamento á responsabilidade de tod@s. É fundamental respectar todas as recomendacións sanitarias e de interacción social.