subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Comunicado do Concello de Oroso


orosoO Concello de Oroso lamenta o triste suceso ocurrido esta mañá na rúa do Portiño de Sigüeiro, onde presuntamente un home asasinou ao seu irmán.

O concello ten constancia de que o presunto autor dos feitos presentouse de forma voluntaria no Xulgado de Paz de Oroso e foi detido posteriormente pola Guardia Civil.

O Concello de Oroso está en contacto permanente coas forzas de seguridade, poñéndose á súa disposición para darlle toda a información que demanden para esclarecer os feitos.

Desde o concello, lamentamos unha vez máis o acontecido e lle transmitimos o noso máis sentido pésame aos familiares e achegados da vítima. DEP


Fotografía: Xoan A. Soler (La Voz de Galicia)