subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O pleno do Concello de Oroso aproba por unanimidade iniciar os trámites para conceder a medalla de ouro do municipio a Protección Civil


orosoO pleno do Concello de Oroso aprobou por unanimidade iniciar os trámites necesarios para conceder a medalla de Ouro do municipio á Agrupación Local de Protección Civil.

A iniciativa do grupo de goberno foi respaldada por todos os partidos representados na corporación, polo que se abrirá o expediente correspondente para chegar á concesión final da medalla.

En palabras do alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, “desde a súa constitución no ano 2003, a agrupación de Protección Civil vén realizando un traballo inmenso, polo que este recoñecemento é para todos os que participaron desde a súa creación, é un recoñecemento a toda unha traxectoria”

“Durante o recente estado de alarma volveron estar unha vez máis á altura das circunstancias, arriscando a súa propia seguridade para chegar a todo o mundo co reparto de medicamentos, comida, mascarillas o felicitando aos nenos e nenas que cumprían anos durante o estado de alarma”, asegura Mirás.

Desde mediados de marzo, Protección Civil de Oroso foi parte fundamental de todas as medidas postas en marcha polo concello para axudar aos colectivos máis vulnerables ou desinfectar os espazos públicos. “Deron continuidade nunha situación difícil ao que levan facendo desde 2003”, remata o alcalde.