subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Séptima reunión de seguimento de medidas COVID-19 no Concello de Oroso


orosoNa mañá de hoxe celebrouse a séptima reunión de seguimiento das medidas postas en marcha polo Concello de Oroso durante a crise do coronavirus, coa presenza de todos os grupos municipais.

O alcalde, Manuel Mirás, repasou o feito nos últimos días, nos que continúan as tarefas de limpeza, desinfección e nebulización dos espazos públicos con hipoclorito.

O concello reparte nesta Fase 1 loxística de protección nos establecementos abertos para garantir a seguridad de traballadores e clientes. Os comercios e locais de hostalería dispoñen de mascarillas, dispensadores de xel, louvas, etc.

Na reunión houbo un consenso entre todos os grupos sobre as medidas adoptadas e outras en estudio, como unha posible ampliación dalgunhas terrazas de hostalería se é posible.

Desde o concello demándase prudencia e responsabilidade á veciñanza para manter as distancias de seguridade, tanto nas terrazas como no interior dos comercios.

Recoméndase o uso de mascarillas, tamén os nenos. A evolución da pandemia é moi boa en Oroso e coa colaboración de todos e todas será posible evitar un repunte ou novos casos.

Existe preocupación entre os grupos sobre os programas de conciliación familiar para o coidado dos nenos e nenas, unha vez que aumenta a incorporación ao traballo dos pais e nais. O concello espera unha directiva con indicacións claras do goberno.

Nas próximas datas, unha comisión con representación de todos grupos estudará posibles exencións nos tributos e taxas de competencia local, así como outras medidas de axuda ás familias.