subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Festa da Troita nas nosas casas


orosoEstimados veciños e veciñas de Oroso: Un ano máis, Oroso tiña que estar a converterse no centro de atención durante o mes de maio. A XXIV Festa da Troita no día de hoxe debería a estar a encher as rúas do noso concello de alegría e ocio dentro dunha cita consolidada no calendario turístico do noso país.

A nosa festa foi declarada Festa de Interese Turístico, un recoñecemento que chegou grazas a todos vos pola colaboración veciñal, polo agarimo con que tratades a todos os que sempre nos visitan nestas datas coa sensación de pasar unhas horas nun lugar amigo e acolledor, algo que non sería posible sen a vosa axuda. Grazas.

Pero a realidade da situación que estamos a pasar fainos vivir as datas deste ano dunha maneira distinta, datas que de seguro quedarán na nosa memoria cunha lembranza inesquecible. Aínda así, quixera pedirvos que busquemos ese lado que sempre nos distingue e tirar de orgullo e tamén de ilusión para celebrar na medida que poidamos cada un destes días de festa.

Anímovos a participar e degustar nas vosas casas ou ben nos comercios, peixarías ou algún local que xa están a servir comidas “as nosas TROITAS”, para que durante esta fin de semana esteamos acompañados da nosa raíña coas nosas familias.

Son días distintos mais son días especiais, dende o concello imos facer una pequena homenaxe intentando amenizar un pouco esta festa con vídeos conmemorativos e actuacións musicais especias, as cales xa vimos facendo dende hai días.

Intentamos que chegue a cada fogar un sorriso e un alento para volver canto antes a normalidade, si o conseguimos, estaremos moi satisfeitos. Agardamos que mais cedo que tarde poidamos celebrar todos xuntos e como merecemos a nosa FESTA DA TROITA.

Envíovos un agradecemento pola vosa conducta, polo vosa responsabilidade destes días, e pídovos un último esforzo para respectar as normas e as pautas que nos están a dar polo ben da cidadanía.

Grazas e Viva a Festa da Troita!
Manuel Mirás Franqueira, alcalde de Oroso