Material de protección para o comercio local
O Concello de Oroso reparte entre os establecementos comerciais que xa están abertos dispensadores de hidroxel e material de protección (EPI), como mascarillas, luvas, batas e pantallas.
O reparto faise a través do persoal de Protección Civil e os dispensandores chegarán a todos os establecementos: comercios, supermercados, perruquerías, bares, restaurantes, etc…
A primeira quenda de reparto é de 50 dispensadores, pero o concello recibirá outros 70 nas próximas datas, polo que ningún establecemento quedará sen o aparato.
O concello estuda outras medidas e ten como obxectivo que todos os establecementos abran coas medidas de protección e hixiene necesarias para preservar a saúde da veciñanza e dos traballadores e traballadoras do comercio local.