subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Centro de Saúde de Oroso só rexistra un novo caso de coronavirus na última semana


orosoA Alcaldía de Oroso recibiu esta mañá os últimos datos do centro de saúde. Desde o pasado martes, 28 de abril, só rexistrou un novo caso de coronavirus e déronse cinco altas.

A día de hoxe, quedan dúas persoas en seguimento, o novo positivo que está no seu domicilio e outra persoa que continúa hospitalizada. Desexámoslle unha pronta recuperación.

Aínda que a evolución é boa, tanto o centro de saúde como o Concello de Oroso insisten na necesidade de manter todas as precaucións e respectar as medidas das autoridades sanitarias para evitar posibles repuntes.

Por outra parte, dende o Concello continúa o reparto de material de protección para os negocios que xa abriron e os que van abrir nas próximas datas.

O concello quere que tanto o persoal que atende nos establecementos como os usuarios dispoñan de medios de protección suficientes.

Maña haberá unha nova reunión de seguimento das medidas con todos os grupos municipais.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!