subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso adquire unha vintena de imaxes aéreas do municipio coas que organizará unha exposición fotográfica.


orosoO Concello de Oroso vén de adquirir unha vintena de imaxes aéreas do municipio, coas que ten previsto organizar en próximas datas unha exposición fotográfica no centro cultural Fernando de Casas e Novoa. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, amosouse moi satisfeito polo resultado final do traballo levado a cabo pola empresa Aerosar Imágenes Aéreas, “especialmente polo feito de ter que traballar con moitas máis restricións das habituais, debido á proximidade do aeroporto de Lavacolla”.

Responsables de Aerosar Imágenes Aéreas presentaron o seu traballo ante os concelleiros da Xunta de Goberno, que coincidiron en salientar tanto a beleza das imaxes como “o ben que amosan a gran evolución e crecemento experimentado por Oroso en xeral, e Sigüeiro en particular”, apunta Mirás Franqueira. Unhas imaxes que serán presentadas á veciñanza a través dunha exposición fotográfica canda unha serie de imaxes aéreas dos anos noventa e que actualmente están na casa consistorial de Sigüeiro.