subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso amosa na rúa a súa satisfacción pola apertura do enlace sur da AP-9 e rexeita o comportamento do Ministerio de Fomento.


Unhas duascentas persoas secundan a concentración convocada polo Concello, na que finalmente se ausentou o grupo municipal do PP e ANOVA.
O alcalde anuncia un recoñecemento para o exministro José Blanco e a declaración de Magdalena Álvarez e Ana Pastor como perosas non gratas.

orosoA concentración convocada polo Concello de Oroso con motivo da apertura do enlace sur da AP-9 en Sigüeiro reuniu unhas duascentas persoas esta tarde na Praza Isaac Díaz Pardo. O acto contou con representación da sociedade civil do municipio e con representación política do PsdeG-PSOE e do BNG. O PP e Anova optaron por non acudir. Esta última formación sin sequera asinou o manifesto conxunto suscrito polas demais forzas no pleno do xoves. Ademais de integrantes da corporación municipal encabezada polo alcalde, Manuel Mirás, acudiron cargos de concellos limítrofes e o portavoz parlamentario do PsdeG-PSOE, Xaquín Fernández Leiceaga.

A intervención do alcalde, Manuel Mirás, deixou patente a satisfacción por ver en servizo unha infraestrutura que se demandaba desde hai quince anos. E á vez expresou o malestar polo comportamento do Ministerio de Fomento, especialmente nos últimos días. “Se non fose porque convocamos unha manifestación para hoxe e outra para o vindeiro luns ante o ministro en Santiago, que finalmente cancelamos para non molestar á veciñanza, Fomento aínda tería pechado a esta hora o enlace sur”, explicou Mirás.

O rexedor efectuou un repaso polas distintas etapas que atravesou o proxecto ata poder verse materializado. Relatou que só José Blanco (PSOE) como ministro de Fomento cumpriu con Oroso, logrando que o último Consello de Ministros do goberno de José Luis Rodríguez Zapatero aprobase as obras. Pola contra, acusou a Magdalena Álvarez (PSOE) dun total desinterese por acometer o enlace sur e a Ana Pastor (PP) dunha xestión nefasta que demorou cinco anos as obras, manténdoas paradas incomprensiblemente durante meses.

Por iso, o goberno de Oroso ten intención de efectuar un recoñecemento a José Blanco e de propoñer que o pleno do Concello declare persoas non gratas no municipio a Magdalena Álvarez e a Ana Pastor.

Durante a concentración, un grupo de veciños despregou unha pancarta queixándose polo elevado importe da peaxe do novo enlace, que ascende a 1,60 euros, e demandando a súa gratuidade. O alcalde sinalou que se trata dunha reivindicación “con toda a razón do mundo” e adiantou tamén que o seu goberno seguirá pugnando por construír a variante da N-550.