subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso ofrécese á veciñanza para tramitar as reclamacións a Fenosa polos danos causados polos cortes de subministro eléctrico


 

O Concello de Oroso, a través do servizo Emprega Oroso, ofrécese a tramitar as reclamacións dos veciños e veciñas ante Unión Fenosa polos danos producidos polos cortes de subministro eléctrico acontecidos nos últimos días. Os veciños teñen tres opcións para canalizar as súas reclamacións: chamando ao teléfono gratuíto 900 111 999, remitindo un e-mail a csdistribucionelectricidad@gasnatural.com ou dende o Concello de Oroso.

Nos tres casos, para poder presentar unha reclamación diante da compañía será preciso achegar o número de contrato coa distribuidora, o DNI e o número do parte de incidencias. No caso de optar por presentar as reclamacións dende o Concello, estas deberán entregarse no servizo Emprega Oroso (Casa do Concello, baixo), onde tamén atoparán información e asesoramento.