subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso garda un minuto de silencio polas vítimas dos atentados de París.


orosoTraballadores, veciños e membros da corporación municipal do Concello de Oroso, encabezados polo alcalde Manuel Mirás, gardaron este mediodía un minuto de silencio na praza Isaac Díaz Pardo en memoria das vítimas dos atentados desta fin de semana en París. Un acto no que participaron unhas oitenta persoas, incluídos unha ducia de nenos e nenas da gardería Trastes.