subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso inviste case 39.000 euros no reforzo estrutural da casa consistorial.


orosoO Concello de Oroso inviste case 39.000 euros nas obras de reforzo da estrutura da casa consistorial de Sigüeiro, construída na década dos setenta e que presenta xa numerosas deficiencias construtivas. Unhas obras que deron comezo esta semana e que se prolongarán durante outras tres semanas máis.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, lamenta as molestias que estes traballos poidan causar entre os veciños e veciñas, pero lembra que “a Casa do Concello foi construída a principios dos setenta e ten varias deficiencias construtivas que queremos solucionar canto antes porque poderían ser perigosas de non actuar axiña”. Así, mentres duren as obras, servizos como o Rexistro Xeral ou o Padrón, que estaban na primeira planta do inmoble, pasarán eventualmente ao baixo. Por razóns de seguridade e operatividade, durante o desenvolvemento das obras non estará permitido estacionar nas prazas de aparcamento situadas a carón da casa consistorial orosá.

Así mesmo, o Concello de Oroso lembra que a veciñanza tamén ten á súa disposición todos os servizos municipais a través da páxina web municipal: www.concellooroso.com e na sede electrónica de Oroso, dende onde os veciños poden realizar calquera tipo de trámite on-line.