subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Manuel Mirás e Beatriz Mato inauguran este venres a escola infantil “Chousa nova”.


 

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurarán este venres 6 de marzo, ás 12:30 horas, a escola infantil “Chousa nova”, que abrirá as súas portas o próximo curso 2015-2016. A conselleira será recibida no salón de plenos municipal, dende onde se desprazarán ata as instalacións da nova gardería orosá na avenida da Grabanxa (a carón do colexio).

A nova escola infantil terá tres unidades, cun total de 41 prazas, e complementará a actual gardería da Ulloa, que dispón de 61 prazas. De feito, o Concello de Oroso abriu esta mesma semana o prazo de presentación de solicitudes para o curso 2015-2016 en ambas escolas infantís.

A escola infantil “Chousa Nova” é froito dun acordo de colaboración a tres bandas entre o Concello de Oroso, a Xunta de Galicia e a Administración Central do Estado, de acordo co establecido no marco do Plan Educa3 de 2011. O Concello de Oroso solicitou a creación desta nova gardería no ano 2007 e a súa demanda concretouse en outubro de 2010 cun acordo entre o Concello, o Ministerio de Educación e Xunta de Galicia.