subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Conmemoración 8 de marzo. Día da Muller.


Actividades venres 6 de marzo

Proxección de curtometraxes.
Proxección de curtometraxes para o alumnado de 1º e 2º da ESO e 6º de primaria. A actividade consiste en proxectar varias curtometraxes con temática relacionada co 8 de marzo en cada curso e despois o alumnado votará o que máis lle guste dos vistos. A cortometraxe gañadora levará un premio de 100€. O alumnado da ESO visionará as curtometraxes no propio centro escolar, mentres que o de 6º o fará no centro cultural Fernando Casas e Novoa. Os títulos das curtometraxes aínda nos os temos, xa volo faremos chegar.O horario é o seguinte:
1º da ESO as 9.20h
2º da ESO as 10.30h
6º de Primaria as 12h

Contos de nenas grandes e pequenas.
Contacontos da compañía A Tropa de Trapo, co título "Contos de nenas grandes e pequenas". Será no Centro cultural Fernando Casas e Novoa as 18h, para o público familiar, entrada gratuíta ata completar aforo.

Entrega de premios do concurso de fotografía.
No Centro cultural as 20:15h. Ademais de entregar os premios inaugurarase a exposición coas fotografías presentadas.

Recoñecemento das mulleres.
O Concello de Oroso seleccionará a mulleres do concello que ao longo da súa vida traballaron e se esforzaron para conseguir un mellor futuro para a súa familia e para a sociedade. O acto de recoñecemento terá lugar en cada casa da galardonada e acudirá o Alcalde e a concelleira de Muller.



Novas

Carteis



Información específica



Concurso fotografía






Organiza:


Concello de Oroso