subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Programa "Bos Días Cole".


O programa

O programa “Bos días cole” é unha iniciativa coa que o Concello de Oroso busca facilitarlles aos pais e nais do municipio a conciliación da vida laboral e familiar, xa que lles permite deixar os cativos nas instalacións do CEIP de Sigüeiro e no CEIP Camiño Inglés dende as 7:30 horas ata o comezo das clases. Uns pequenos que pasan esas horas da mañá con obradoiros de traballos manuais, talleres de lectura de contos e diversos xogos.

  • Lugar: C.E.I.P. de Sigüeiro e C.E.I.P. Camiño Inglés.
  • Horario: 7:30 ata inicio xornada lectiva.
  • Dirixido: a rapaces de 3 a 12 anos.
  • Inclue: servizo de gardería e almorzo.

  • Documentación a presentar:
    • Matrícula (folla de inscrición)
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria
    • Certificado médico se fose o caso de que o usuario padeza algún tipo de enfermidade, intolerancia ou alerxia que o persoal da empresa encargada de xestionar o servizo deba ter en conta
    • Carta domiciliación
    • Certificado/libro de familia numerosa para acreditar dita situación e que se poida aplicar o desconto do 20% nas mensualidades
    • Xustificante de pago da matrícula (só para matrículas novas, renovacións exento)
      (Taxas Concello de Oroso: www.concellooroso.com
  • Lugar de presentación da documentación: Rexistro Xeral do Concello ou Sede electrónica.
  • Prazas: As prazas asignaranse por rigoroso orde de presentación de solicitudes.
  • Prazo Renovación: do 12 ao 23 de xuño.
  • Novas solicitudes: do 26 de xuño ao 7 de xullo.
  • Publicación listaxes admitidos: 21 xullo.