subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Excursión patinar sobre xeo e birlos solbowling.


O Concello de Oroso organiza unha excursión para patinar sobre xeo e xogar aos birlos o martes 26 de decembro para maiores de 11 anos.
A saída será ás 11 horas diante do centro cultural para chegar aproximadamente ás 11:40 horas á pista de xeo de Marineda City, na cal se estará de 12 a 13 horas.
Despois desprazaremonos ata Oleiros onde os encargados do xogo dos birlos explicarán as normas do xogo e farán entrega de calzado axeitado. Xantaremos e dende as 15 horas ata as 17 horas realizaranse as partidas de birlos.
Ás 17:15 horas partirase da bolera para chegar arredor das 18 horas o centro cultural de Sigüeiro.

Información

  • PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 21 de decembro no centro cultural ou ata cubrir prazas.
  • PRAZAS: 32 (adxudicación de praza por orde de inscrición).
  • REQUISITOS: nacidos/as desde 2006 (a partir de 11 anos) e preferencia aos/ás empadroados/as no concello de Oroso.
  • DÍA: martes 26 de decembro.
  • HORA E LUGAR DE SAÍDA: diante do centro cultural ás 11h.
  • HORA E LUGAR DE REGRESO: 18h. diante do centro cultural.
  • OS/AS PARTICIPANTES TERÁN QUE LEVAR GUANTES PARA PATINAR SOBRE XEO.
  • DARÁSELLES PREFERENCIA AOS/ÁS MENORES DE IDADE.
  • OBRIGAS: Os/as participantes menores de idade deberán facer as dúas viaxes (tanto a de ida como a de volta) no autobús e ter cuberta a autorización no momento da viaxe.

NOTA: os/as participantes irán acompañados/as de persoal do concello durante toda a viaxe. Aínda así o concello non se responsabiliza das posibles perdas materiais, así como tampouco dos danos físicos ou psiquícos que puidesen sufrir os/as participantes na excursión

Información e inscricións

  • Concello de Oroso
    • Centro Cultural (981 690 903)