subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

II Certame de Traballos de Investigación do Camiño Inglés.


Bases do Certame

O Concello de Oroso convoca o II Certame de Traballos de Investigación do Camiño Inglés, de acordo coas seguintes

  1. Os traballos deberán referirse a calquera faceta do Camiño Inglés, tanto en Galicia como noutras partes de España ou noutros países.
  2. Poderán ser presentados en galego normativo, castelán ou inglés e deberán ser orixinais e inéditos. Aceptaranse os que foran presentados a outros certames sempre e cando non recibiran premio nin mención ningunha.
  3. Establécense tres categorías: investigadores/as, peregrinos/as maiores de idade (diarios de peregrino e experiencias persoais) e mozos/as ata os 18 anos.
  4. A extensión mínima será de 18.000 caracteres para investigadores/as, 5.000 para peregrinos/as e 2.500 para os/as menores de 18 anos, e deberán estar mecanografados a dobre espazo, agás os estudantes de Primaria e Infantil, que poderán presentalos escritos a man.
  5. Nas categorías de investigadores/as e peregrinos/as os traballos deberán presentarse en soporte dixital e papel no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa e enviarse por correo electrónico, en formato Word ou PDF, aos seguintes enderezos: cultura@oroso.gal e biblioteca@oroso.gal, deberán constar os datos personais (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono de contacto)
  6. Poderán ser presentados por persoas individuais ou por conxuntos de persoas. Cada autor/a ou autores/as poderán presentar cantos traballos desexen.
  7. A data límite de presentación será o 31 de marzo de 2017.
  8. Establécense os seguintes premios:
    Investigadores/as:
    Primeiro premio: 1.000 euros
    Segundo premio: Unha tableta
    Terceiro premio: Viaxe desde a súa residencia ata A Coruña ou Ferrol para facer o Camiño Inglés, con acollida (cea e aloxamento por unha noite) en Oroso, cando a etapa remate neste concello..
    Peregrinos/as:
    Primeiro premio: Unha tableta
    Segundo premio: Un disco duro
    Terceiro premio: Invitación a dúas persoas para coñecer o Camiño no Concello de Oroso unha fin de semana
    Mozos/as ata 18 anos:
    Primeiro premio: Unha tableta
    Segundo premio: Gran Enciclopedia do Camiño de Santiago
    Terceiro premio: Bono para mercar nunha tenda local por valor de 100 euros
  9. As persoas que resulten premiadas recibirán un diploma acreditativo da súa participación no certame.
  10. Os premios estarán suxeitos ás retencións que marque a lei e as estancias así como o bono terán validez durante un ano dende a data de faio do xurado.
  11. O Concello de Oroso designará un xurado para cada categoría, que estará composto por un mínimo de cinco persoas, das cales polo menos tres deberán ser alleas ao cadro de persoal administrativo do Concello de Oroso, presididas polo concelleiro de cultura. No xurado de investigadores/as, un dos seus membros pertencerá ao claustro dalgunha universidade galega. Os xurados faranse públicos ao mesmo tempo que os fallos, podendo ser declarado deserto calquera dos premios.
  12. O Concello quedará cunha copia dos traballos presentados, que pasará a formar parte dos fondos propios do CEICI. Así mesmo, o/a autor/a ou autores/as cederán ao dito concello os dereitos de publicación da primeira edición dos traballos premiados.
  13. Non se devolverán os orixinais nin as copias dos traballos participantes, e non se manterá en ningún caso nin en ningún momento contacto cos autores/as premiados/as.
  14. A participación no certame implica a aceptación destas bases e das resolucións que tome o xurado en caso de calquera discrepancia ou aclaración.



Descargar decreto bases certamen (Castellano)