subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Comedor Escolar CEIP Camiño Inglés.


Dende o departamento de cultura e ensino do Concello de Oroso queremos mellorar e optimizar o servizo de Comedor Escolar no CEIP Camiño Inglés, o obxectivo é darlle continuidade para o próximo curso escolar 2016/17.

Para os que xa estades utilizando o servizo, a continuación explicamosvos como serían os pasos a seguir para matricular o/a voso/a fillo/a para o vindeiro curso:
- Prazo: Do 1 ao 15 de xuño de 2016 – Renovación de matrículas
- Do 16 en adiante matrículas novas ata cubrir prazas (mesma documentación que para as renovacións e pago tamén da matrícula de 20€)

  • Matrícula (folla de inscrición)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • 1 fotografía tamaño carné
  • Carta domiciliación (as mensualidades serán cobradas polo Concello de Oroso mediante domiciliación bancaria)
  • Xustificante de pago da matrícula. O pago realizaranse a través da páxina web: www.concellooroso.com no apartado de tributos on line, é imprimindo o resgardo de pagamento para adxuntalo coa folla de matrícula
  • Certificado ou informe médico se o/a usuario/a padece algunha enfermidade, intolerancia, alerxia a ter enconta pola empresa encargada do servizo de comedor
  • Documentación acreditativa de ser familia numerosa se é o caso
  • Fotocopia dos DNI dos progenitores ou tutores así como das persoas autorizadas

  • O importe da matrícula é de 20€ e non é reembolsable
  • O importe da mensualidade será de 55€.
  • O importe para os días soltos será de 5€/dia.
  • Aplicaranse os descontos nas familias numerosas unicamente nas mensualidades
  • Máis información e recollida de documentación no centro cultural
  • Esta documentación deberá presentarse no rexistro municipal do Concello de Oroso no prazo sinalado anteriormente (do 1 ao 15 de xuño no caso das renovacións e a partir do 16 de xuño en adiante ata cubrir prazas para as matrículas novas)
  • No caso das matrículas novas se o curso estivese empezado hai que formalizar a matrícula 3 días antes do comezo no servizo de comedor para poder facer os trámites oportunos