subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Premios da Gala da Cultura do Concello de Oroso 2017.


Documentación

Bases dos premios da Gala da Cultura

PRESENTACIÓN:
O Concello de Oroso, neste ano 2017, segue a considerar oportuna a creación dun recoñecemento ao mérito en distintas actividades culturais para galardoar deste xeito a quen destaque especialmente en cada unha delas.
Por este motivo, convócase para o venres 2 de xuño a cuarta edición da Gala da Cultura, na cal se concederán as seguintes categorías de premios:

A. CATEGORIAS

  • Recoñecemento Especial á Traxectoria no eido da cultura.
  • Recoñecemento Especial á Promesa 2016, que despunte nalgunha categoría ou disciplina artística.
  • Recoñecemento Especial á Asociación /Entidade 2016, que potencia a cultura no concello de Oroso.
  • Recoñecemento Especial á Empresa polo seu apoio á cultura.

B. PREMIOS
Os premios non terán dotación económica ningunha. O/a galardoado/a recibirá unha placa e un diploma e os nomeados un diploma como recoñecemento ao seu labor cultural.

C. PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
Poderán presentar candidaturas as institucións públicas ou privadas, persoas físicas, fundacións/asociacións, colexios profesionais, academias e personalidades de distintos ámbitos que posteriormente serán avaliadas polo xurado.

Para optar ao premio, deberá presentarse:

  • Formulario oficial cuberto cos datos do/a candidato/a.
  • O currículum vitae do/a candidato/a.
  • Unha memoria ou motivo que detalle o labor desenvolvido polo/a candidato/a a través da actividade exercida e na que se detallen os premios acadados de ser o caso, publicacións e outra documentación que contribúa á xustificación dos méritos alegados, tales coma fotografías, vídeos das actividades ou actuacións desenvolvidas polos/as nomeados/as.

D. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
O prazo para presentar as candidaturas dos distintos premiados será un mes a partir da publicación das presentes bases.

E. LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS
As candidaturas presentaranse no Rexistro do Concello de Oroso, en horario de 08:30 a 14:00 horas de luns a venres.

F. CRITERIOS DE VALORACIÓN

  • Para seleccionar a candidatura premiada, valorarase a entrega do/a candidato/a á súa actividade, así como os beneficios derivados dela para a sociedade e a repercusión da actividade dentro e fóra do concello.
  • Para participar nesta convocatoria a persoa ou entidade da que se presente candidatura deberá estar vinculada ao concello de Oroso.
  • As persoas premiadas na categoría Recoñecemento Especial á Traxectoria no eido da Cultura en edicións anteriores non poderán presentarse nas sucesivas. No resto de categorías poderán repetir presentación de candidaturas tanto as persoas premiadas como as nomeadas.
  • As persoas nomeadas en edicións anteriores poderán repetir nomeamentos e ser premiadas en anos posteriores ata acadar premio se fose o caso.

G. XURADO
O xurado estará presidido polo Alcalde do Concello de Oroso (ou mediante DELEGACIÓN) e estará formado por un total de 9 membros designados por este co concelleiro de Cultura e especialistas nas categorías premiadas que non se presenten nesta convocatoria.

Constituirase un único xurado para todos os premios. O voto non se poderá delegar e as súas decisións serán inapelables.

A votación será mediante o sistema de papeleta.

O xurado poderá declarar o premio deserto nalgunha das categorías.

A resolución do xurado darase a coñecer na Gala da Cultura que terá lugar o 2 de xuño de 2017 ás 20:30 horas no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de Sigüeiro.

H. DOCUMENTACIÓN ADXUNTA Á CANDIDATURA
Achegarase a seguinte documentación:

  • Formulario oficial.
  • Currículum vitae da persoa candidata.
  • Memoria.
  • Outra documentación.
  • Fotografías da persoa candidata.