Programa Diver
Os programas.
O Concello de Oroso pon en marcha, un ano máis, o programa DIVER OUTONO, DIVER NADAL, DIVER PRIMAVERA e DIVER VERÁN, que está dirixido a nenos e nenas en idade escolar.
Con esta iniciativa preténdese que durante as vacacións escolares os pais poidan conciliar a vida laboral e familiar, ademais de ocuparen o tempo de lecer dos seus fillos dun xeito divertido e educativo. Entre as actividades que se van realizar destacan as visitas e excursións, os obradoiros, a aprendizaxe e a interpretación de cancións ou a realización de xogos en equipo.
Diver Nadal
- Datas: 10 días (22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro 2014 e 2, 5 e 7 de xaneiro de 2015).
- Prazo de inscrición:
- Mínimo participantes: 20 nenos/nenas de 3 a 12 anos.
- Prezos:
CONCEPTO | PREZO |
09:00 a 14:00 | 60 € |
07:30 a 15:30 | 90 € |
Día solto 09:00 a 14:00 | 7 € |
Día solto 07:30 a 15:30 | 10 € |
Almorzo | 2 € |
Xantar | 5 € |
Merenda | 3 € |
Hora adicional | 5 € |
Inscrición.
- Horario: de 9:00 a 14:00 horas
- Lugar: Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa
- As inscricións deberán realizarse dentro dos prazos establecidos
- Establécese un mínimo de 20 inscricións para poder levar a cabo a actividade
- O Concello subvenciona estas actividades para os empadroados en Oroso que posuan algunha das seguintes condicións:
- Familia numerosa
- Familia monoparental
- Segundo irmán que participe na actividade