Actividades Deportivas e Horarios 2023-2024.
Dende a Concellaría de Deportes, Turismo e Comercio, puxéronse en marcha distintas actividades tanto para nenos como para adultos ó longo de todo o ano.
Para levar a cabo estas actividades o concello conta con persoal altamente preparado e coas instalacións necesarias. Ademáis o concello contará con empresas de servizos deportivos para unha mellor xestión de tódalas actividades.
As actividades darán comezo o día 2 de outubro
Actividades clubs
- Hípica
- Patinaxe
- Taekwondo
- Ximnasia Rítmica
- Golf
- Fútbol sala
- Baloncesto
- Tenis de mesa
- Béisbol
- Hockey Patíns
- Ciclismo
- Tenis
- Fútbol
- Xadréz
- Atletismo
- Padel
Actividades deportivas municipais adultos
- Aerobic Jumping
- Pilates
- Ximnasia mantemento
- Zumba
- Zumba Kids
- Escola de costas
Normativa actividades deportivas
- Cubrir unha folla de inscrición para cada actividade que se solicite praza (máximo dúas por persoa). Entregaranse na oficina do Centro Deportivo ou no correo deportes@oroso.gal.
- As prazas adxudicaranse por orden de inscrición. Terán preferencia os empadroados en Oroso.
- Para que os cursos se leven a cabo ten que haber un mínimo de participantes inscritos, en caso contrario, os cursos non se realizarán.
- Os pagos realizaranse antes do día 9 de Outubro. (prezo actividade: 80€ empadroados / 130€ non empadroados).
- O alumno ou titor declara que o participante non padece ningunha doenza que lle impida practicar na actividade elixida.
Prazo de inscrición
Dende o 12 ás 10:00 horas ata o 25 de setembro de 2023.
Non se admitirá ningunha solicitude enviada por calquera medio antes do día e hora indicados anteriormente.
Pago actividades deportivas municipais
NUMERO DE CONTA PARA EFECTUAR OS PAGOS DA ACTIVIDADE:
ES22 0049 5600 1120 1000 0599
O Pago débese efecturase antes do día 7 de outubro
PREZO TOTAL DA ACTIVIDADE
EMPADROADOS: 80 euros
NON EMPADROADOS: 130 euros
FAMILIA NUMEROSA: 64 euros
No concepto facer constar: Nome do usuario/a e nome da actividade
No titular da conta facer constar: Club Oroso
Para informar dunha baixa avisar a este correo: deportes@oroso.gal
Notas:
- As clases comezarán a primeira semana de outubro e rematarán a ultima semana de maio, con descansos e vacacións seguindo o calendario escolar
- Para as actividades de Pilates, Ximnasia Mantemento e Escola de Costas e moi recomendable levar unha esterilla
- Os que figuran en reserva serán avisados segundo se produzcan baixas dos inscritos
Horario oficina municipal de deportes
LUNS A VENRES DE 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 23:00 horas
SÁBADOS DE 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas
Tfno.: 981927901 – 616408598
Fax: 981 691152
deportes@oroso.gal