subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

VII Concurso de Tapas de Oroso "de tapa en tapa"


Bases do Concurso

BASE PRIMEIRA: Obxecto do Concurso
O obxecto do presente concurso é acadar un maior número de visitantes no concello de Oroso e dinamizar a nosa hostalería, ao tempo que se promove a gastronomía local e as posibilidades do concello de Oroso en materia de turismo.

BASE SEGUNDA: Participantes
Poderán concursar os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Oroso inscrito previamente.

BASE TERCEIRA: Datas e duración do Concurso
Esta sétima edición do concurso de tapas de Oroso levarase a cabo no mes de abril, concretamente os días 9, 10, 16 e 17 de abril de 2016. É dicir, terá unha duración de dúas fins de semana.

BASE CUARTA: Desenvolvemento do Concurso
Cada establecemento deberá elaborar de unha a catro tapas, podendo ser tradicionais ou creativas.
Con cada consumición será entregada a tapa. Unha vez degustada polo/a cliente/a, o establecemento selaralle o boleto para poder participar no concurso e ter acceso aos premios.

BASE QUINTA: Valoración da Tapa
Valoraranse aspectos como a presentación, a orixinalidade e por suposto o sabor.

BASE SEXTA: Número de Tapas
Aceptaranse como máximo 4 tapas, unha por día, sendo aceptable tamén unha única tapa para participar os catro días.

BASE SÉPTIMA: Horario de degustación das tapas
Será de carácter obrigatorio para todos os establecementos participantes servirlle as tapas ao público nunha franxa horaria acordada polos participantes e a organización do concurso. Este horario fíxase da seguinte maneira: Os sábados e os domingos de 12.00h da mañá a 15.00h da tarde e de 19.00h da tarde a 22.00h.
Este horario sempre poderá ser aumentado polos locais participantes se así o desexan pero en ningún caso reducilo.

BASE OITAVA: Votación
As tapas gañadoras serán elixidas por votación popular. Os propios clientes e degustadores das tapas a concurso serán os que decidan os tres gañadores. En cada boleto poderán votar a un máximo de tres establecementos por orde de preferencia, podendo deixar baleiro algún dos votos si o desexa. Cada bar poderá ser votado unha única vez en cada boleto. Os votos outorgan a seguinte puntuación: 1º 3 puntos, 2º 2 puntos, 3º 1 punto.
A cada establecemento entregaráselle unha urna selada a conciencia pola organización do concurso. No boleto de selado, no apartado dedicado para tal fin, os degustadores poderán votar polos establecementos que fixeran as mellores tapas, podendo outorgarlle a cada establecemento soamente un dos premios. Logo deberán depositalo en calquera das urnas que atoparán nos establecementos participantes.

BASE NOVENA: Nº de selos
Serán necesarios 6 selos de distintos bares para poder votar e entrar no sorteo dos premios, dos cales un deles deberá ser dalgún dos establecementos participantes das parroquias.

BASE DÉCIMA: Premios
Os premios serán os seguintes:

PREMIO PARA OS ESTABLECEMENTOS
Estableceranse un total de tres premios para os bares participantes.
1º Premio (300 €)
2º Premio (200 €)
3º Premio (100 €)
Os premios non serán acumulativos, é decir, cada bar soamente poderá acadar un dos premios + DIPLOMA QUE O ACREDITA COMO GAÑADOR DA CATEGORÍA CORRESPONDENTE POLO CONCELLO DE OROSO.

PREMIOS PARA OS CLIENTES
Sortearase entre todos os boletos debidamente selados polos establecementos e cubertos cos datos persoais de cada cliente, por orde de saída das papeletas:
Unha tablet
Un bono regalo consistente nunha estancia nas Cabanas do Barranco (Outes)
4 vales da compra en supermercados do concello ( 2 vales de 100€ e 2 vales de 50 €)
3 lotes de: botella de vermú Petroni, cubitera e un par de copas cortesía de Petroni
Un par de zocos cortesía do comercio Zoclos
4 vales cortesía dos comercios colaboradores (un vale de 100 €, un vale de 80 € e dous vales de 60 €)

Só se admitirán os boletos que se atopen no interior das urnas repartidas polos establecementos.

BASE DÉCIMO PRIMEIRA: Sorteo e entrega de premios
A organización fixará unha data para o sorteo dos premios dos establecementos e do público, que será comunicada aos establecementos participantes e aberto ao público en xeral.
Posteriormente, terá lugar un acto de entrega de premios, que será comunicado a todos os premiados.

BASE DÉCIMO SEGUNDA: Publicidade e material de difusión
A cada establecemento entregaránselle carteis que deberán poñer á vista no seu local para darse a coñecer como participantes. A organización encargarase de darlle publicidade ao dito acontecemento de todas as formas posibles para acadar así unha maior presenza. Isto inclúe os seguintes medios:
1. Páxina web do Concello de Oroso.
2. Cartelería.

O Concello de Oroso será o encargado de editar as revistas informativas do concurso, cos boletos de selado, nos cales figurarán os locais participantes, as tapas que ofertarán e a localización dos locais.
Estas revistas poderán conseguirse de forma totalmente gratuíta pola clientela que queira entrar no sorteo. Atoparanse en todos os locais que participen e tamén nas dependencias da Casa do Concello e no centro cultural Fernando Casas e Novoa.

BASE DÉCIMO TERCEIRA: Aceptación das bases
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

BASE DÉCIMO CUARTA: Comercios colaboradores e patrocinios
Os comercios e patrocinadores que colaboran co concurso son os seguintes: Zoclos, Petroni, Mi vestidor azul, Calzados Loli, A casa verde, El ropero de Nalet, Ensoños, Uve moda, Librería Refoxos, As Esencias, Volvoreta, Chévere, Confecciones Primitiva, Equip@T, Óptica Neovisión, Mercería María, A Tenda de Soledad, Zapatería Rial, Zapatería Sigüeiro.