subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

VI Concurso de fotografía. "Muller Traballadora".


Documentación

Bases do concurso de fotografía

Primeira: Participantes
Poderán presentarse todas as persoas DA COMARCA DE ORDES e SANTIAGO DE COMPOSTELA. Con dúas categorías: XERAL (maiores de 16 anos) e INFANTIL ( 9- 16 anos).

Segunda: Tema
Con motivo do Día Internacional da Muller no que se conmemora a loita da Muller pola súa participación e igualdade de xénero na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa, convócase este concurso,centrado no ámbito do traballo e co que se pretende que a través das imaxes se reflicte o traballo das mulleres en calquera eido.

Terceira: Número máximo de fotografías
O número de fotografías a presentar por cada participante estará limitado a 3.

Cuarta: Tamaño e presentación
O formato das fotografías será de 20 x 30 cm. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico.
As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora.
Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. O xurado pode requirir este consentimento por escrito.

Quinta: Obras
Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto co pseudónimo que indique o autor ou autora. Nun sobre pechado co pseudónimo, e a categoría a que pertence escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais. (Nome e apelidos, NIF, enderezo e teléfono) así como un CD coa fotografía en formato dixital no que figure o título.

Sexta: Prazo de recepción dos traballos
As fotografías entregaranse na Biblioteca Municipal no centro cultural Fernando de Casas e Novoa de 09:30h a 13.30h e de 16.30h a 21.00h. O prazo de entrega das obras rematará o día 26 de febreiro de 2016. As fotografías que se remitan por correo postal terán que ter o selo de saía, como máximo, o día 26 de febreiro de 2016. Debendo chegar ao seu destino antes do día 4 de marzo de 2016, como data limite. As cartas recibidas despois de dita data non poderán participar no VI concurso de fotografía.

Sétima: Premios
O xurado establecerá tres premios CATEGORÍA XERAL:

  • 1º Premio : 250 €
  • 2º Premio : 150 €
  • 3º Premio : 100 €

E tres premios CATEGORÍA INFANTIL. A trocar en establecementos do concello de Oroso.

  • 1º Premio : Vale agasallo valorado en 100 €
  • 2º Premio : Vale agasallo valorado en 60 €
  • 3º Premio : Vale agasallo valorado en 40 €

O fallo do xurado darase a coñecer no marco das celebracións do día Internacional da Muller o 11 de marzo de 2016 as 19:00 horas no centro cultural Fernando de Casas e Novoa.

Oitava: Fallo do xurado
A decisión do xurado será inapelable.
A selección da fotografías realizarase tendo en conta a súa calidade técnica e artística e o grao no que fosen capaces de captar a esencia da temática do concurso.
No caso no que o xurado así o estimase todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos.
Para poder recibir o premio é condición imprescindible estar presente no acto de entrega. No caso de non poder acudir, pódese enviar unha persoa representante, coa autorización expresa do titular da fotografía premiada.

Novena: Difusión dos traballos e protección de datos de caracter persoal (LOPD).
O Concello de Oroso resérvase todos os dereitos de propiedade e uso das fotografías, citando sempre o nome da persoa autora, pasando a formar parte do patrimonio artístico – cultural do Concello Todas as fotografías presentadas a concurso serán expostas ao público no mes de marzo en Dependencias Municipais. Si a cantidade de obras recibidas excedera o número máximo para a súa exhibición, realizarase unha selección previa.
O Concello garante o correcto tratamento dos datos de acordo coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).

Décima: Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases descritas.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas Bases.