Solicitude inscrición no rexistro de parellas de feito de Galicia.
Obxecto:
Para obter a condición de parella de feito, conforme o establecido na disposición adicional terceira da Lei 2/2006 do 14 de xuño, será necesaria a inscrición no Rexistro de parellas de feito de Galicia.
Poderán facelo as persoas maiores de idade, capaces, que convivan coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal, expresando a súa vontade de equiparar os seus efectos aos do matrimonio.
Requisitos:
Para a inscrición no rexistro serán necesarios os seguintes requisitos:
- Ser maiores de idade.
- Non ter relación de parentesco en liña recta por consanguinidade ou adopción nin colateral por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grao.
- Manifestar a vontade de ser parella de feito.
- Non formar parella de feito debidamente formalizada con outra persoa.
- Non estar incapacitado xudicialmente para rexer a súa persoa.
- Ter algún dos membros da parella a veciñanza galega.
- Acreditar o empadroamento dos membros da parella no mesmo domicilio dalgún municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Normativa:
Documentación necesaria:
Para a inscrición no rexistro serán necesarios os seguintes requisitos:
- Solicitude (modelo normalizado)
- Fotocopia compulsada do DNI de ambos os membros da parella, ou, no caso de estranxeiros, documento similar no seu país.
- Certificación de empadroamento.
- Acreditación do estado civil de ambos os membros da parella mediante certificación do Rexistro Civil ou equivalente, no caso de estranxeiros.
- Declaración de vontade de constituír parella de feito (contida no modelo de solicitude).
- Declaración responsable de non ter constituída parella de feito con outra persoa (contida no modelo de solicitude).
- De ser o caso, sentenza xudicial de divorcio, ou nulidade ou certificado literal de matrimonio no que consten algún destes extremos.
- Declaración responsable de non ter relación de parentesco en liña recta por consanguinidade ou adopción nin colateral por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grao(contida no modelo de solicitude).
- Declaración responsable de non estar incapacitados para os efectos de prestar o seu consentimento para constituír parella de feito(contida no modelo de solicitude).
- Fotocopia compulsada do libro de familia, ou equivalente, nos casos nos que houbese fillos comúns ou de calquera dos membros da parella.
(*) Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberán achegarse copias compulsadas, agás que na orde figure outra indicación.
(*) Nos supostos dos puntos 5,6,8 e 9, deberán cumprimentarse dúas veces, unha vez por cada membro da parella.
Lugar de presentación da documentación:
- Portelo Único do Concello de Oroso.
- CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Delegación Provincial da Consellería de Presidencia da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n
15008 A Coruña
Teléfono: 981182343 Fax: 981182345
Delegación Provincial da Consellería de Presidencia de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo
Teléfono: 982294065 Fax: 982294067
Delegación Provincial da Consellería de Presidencia de Ourense
Avda. da Habana, 79
32004 Ourense
Teléfono: 986805312 Fax: 986805510
Delegación Provincial da Consellería de Presidencia de Pontevedra
R/ Fernández Ladrea, 43 - 9º
36003 Pontevedra
Teléfono: 986805312 Fax: 986805510
Sentido do silencio:
Negativo
Prazo de resolución:
Tres meses.
Teléfono para concertar cita:
981 185 974
Concertar cita no teléfono de cita previa que se indica ao final para prestar consentimento en persoa cando sexan requiridos.
Se se quere evitar este trámite, achegarase á solicitude e demais documentación un documento notarial de manifestación da vontade de constitución de parella de feito.