subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Ordenanza reguladora da expedición de tarxeta de estacionamento e accesibilidade para persoas con minusvalía. (B.O.P Nº33)


Exposición de motivos

De conformidade co artigo 49 da Constitución española "Os poderes públicos realizarán unha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración dos disminuidos físicos, sensoriales e psíquicos, ós que prestarán a atención especializada que requiran e os ampararán especialmente para o disfrute dos dereitos que este Título I, "Dos dereitos e deberes fundamentales" outorga a todos os cidadáns".

Asemade, o artigo 148.1. 20ª da nosa Carta Suprema dispón que as Comunidades Autónomas poderán asumir competencias en materia de Asistencia social. Competencia exclusiva que corresponde a Comunidade Autónoma de Galicia, segundo ó establecido no Estatuto de Autonomía (Lei Orgánica 1/1981, 6 abril).

En virtude do artigo 25.2 k) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local "O Municipio exercerá, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, nas seguintes materias: (...) Prestación dos servicios sociais e de promoción e reinserción social".

A posibilidade de prestacións sociais é insita a competencia xenérica municipal, polo que podense crear servicios e realizar actividades ó respecto. Algunha lei atribúe competencias específicas como é o caso, na Comunidade Autónoma de Galicia, da Lei 8/1997, do 20 de agosto, de Accesibilidade e Supresión de Barreiras e o Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento dela.

Estas dúas últimas normas regulan dous tipos de tarxetas de accesibilidade: a tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalía, que se concederá a persoas con mobilidade reducida, en orde a favorecer o uso e disfrute dos transportes privados e a tarxeta de accesibilidade de usuarios, que se concederá a persoas con algunha limitación, en orde a favorecer o uso e disfrute dos transportes públicos. Ámbalas dúas normas atribúen os Concellos o deber de aprobar normativas que garanten e favorezan a accesibilidade de persoas con limitacións ou mobilidade reducida.

Por todo isto, o Concello de Oroso pretende aprobar a normativa pola que se establecen os criterios e o procedemento de adxudicación das tarxetas de accesibilidade.

 

Capítulo I.-Tarxetas de estacionamento.

Artigo 1º .-Obxecto.

Facilita-lo aparcamento a tódalas persoas con minusvalía do municipio, que teñan dificultades graves de mobilidade, a través da concesión dunha tarxeta municipal, de carácter persoal e intransferible, que autorice a estacionar en lugares sinalados como reservado para persoas con minusvalía, nas zonas de aparcamento restrinxido (gratuitamente e sen límite de tempo) e nas zonas de carga e descarga polo tempo imprescindible; nos termos establecidos na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de Accesibilidade e Supresión de Barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º .-Titulares da tarxeta de estacionamento.

a) Ten dereito a que se lles expida a tarxeta de estacionamento, todas aquelas persoas que, estando empadroadas neste municipio, foran recoñecidas por los Equipos de Valoración e Orientación (EVOs) con unha minusvalía, así como da imposibilidade ou dificultade de uso dos transportes públicos.

b) Tamén poderán solicitar a tarxeta de estacionamento as persoas con minusvalías que, por razón de idade ou grave incapacidade, non sexan conductores habituais de vehículos, sendo transportadas por terceiras persoas, que só poderán facer uso da tarxeta cando transporten a persoa con minusvalía.

Artigo 3º .-Dereitos derivados da tarxeta de estacionamento.

Cando se faga uso dos dereitos que outorga a tarxeta, esta colocarase na parte dianteira do vehículo, de xeito que unicamente o anverso sexa claramente visible para o seu control.

A tarxeta é persoal e intransferible e da dereito as correspondentes prazas de estacionamento adicadas para uso exclusivo das persoas con minusvalías. Estas reservas de prazas en ningún momento serán personalizadas.

En concreto, os titulares da tarxeta terán dereito a que se establezan unha serie de prazas, de utilización exclusiva e permanente, nas zonas de aparcamento anexas a edificios públicos tales como o Concello, Centro de Saúde, Colexio, etc.

Asemade, terán dereito a que se lles reserve unha praza de aparcamento, debidamente sinalizada, para vehículos que transporten persoas con mobilidade reducida. As prazas de aparcamento reservaranse, na medida do posible, próximas ós accesos das súas vivendas.

 

Capítulo II.-Tarxetas de accesibilidade.

Artigo 4º .-Obxecto.

Favorece-lo uso e aproveitamento dos transportes públicos a tódalas persoas do municipio que teñan algunha limitación, a través da concesión dunha tarxeta municipal, de carácter persoal e intransferible, como documento acreditativo da súa discapacidade.

Artigo 5º .-Titulares da tarxeta de accesibilidade de usuarios.

Terán dereito a expedición da tarxeta de accesibilidade de usuarios, todos aqueles interesados ós que se recoñeza a condición de minusválido polos Equipos de Valoración e Orientación (EVOs).

Artigo 6º .-Dereitos derivados da tarxeta de accesibilidade.

Os titulares destas tarxetas terán, entre outros, os seguintes dereitos:

a) Reserva de prazas nos transportes colectivos.

b) Bonificación nas tarifas.

c) As persoas con mobilidade reducida poderán saír pola porta de entrada, para evitar o seu desprazamento polo vehículo. Asemade, os pasaxeiros que vaian acompañados de cans guía poderán viaxar con un ó seu lado, baixo a súa responsabilidade e sen custo adicional.

Capítulo III.-Disposicións xerais.

Artigo 7º .-Modelos de tarxetas.

Os modelos de tarxetas son únicos para todo o ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo coas recomendacións do Consello da Unión Europea, ambalas dúas tarxetas axustaranse ás características sinaladas no anexo III, sección segunda, capítulo III (disposicións sobre barreiras no transporte), da Lei 8/1997, de accesibilidade e supresión de barreiras.

Artigo 8º .-Expedición das tarxetas.

O expediente iniciarase por instancia da persoa interesada.

A solicitude poderase recoller no Departamento de Servicios Sociais do Concello e presentarase, debidamente cumprimentada, no Rexistro Xeral do Concello, coa documentación pertinente.

Completado o expediente en tódolos seus termos, o Departamento de Servicios Sociais do Concello emitirá o informe-proposta correspondente, elevándose á Alcaldía, ou órgano ou persoa na que delegue, para que resolva motivadamente, concedendo ou denegando a tarxeta solicitada.

Respecto a tarxeta de estacionamento, a resolución, de ser favorable a solicitude, deberá especificar os lugares para os que se habilita a aparcar.

A resolución será notificada ó interesado de acordo co procedemento establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Unha vez concedida a tarxeta deberá ser asinada polo titular, para despois plastificarse.

Artigo 9º .-Documentación.

Para obte-las tarxetas, deberá presentarse no Concello a seguinte documentación:

- Solicitude en impreso oficial formalizado.

- DNI do solicitante e/ou da persoa que teña atribuída a patria potestade ou a custodia, no caso de que estean incapacitados xuridicamente.

- Certificado de empadroamento.

- Un retrato actual do solicitante, tamaño carné.

- Carné de conducir da persoa con minusvalía, si é o conductor do vehículo, ou ben da terceira persoa que o transporte.

- Certificado de minusvalía actualizado, expedido polos equipos de Valoración e Orientación (EVOs) da Xunta de Galicia ou polos equipos autorizados noutras CCAA.

No caso da tarxeta de estacionamento, o certificado de minusvalía debe expresar a imposibilidade de facer uso do transporte público. Se non constase a estimación da imposibilidade ou dificultade do seu titular para o uso do transporte público o interesado, a través do Departamento de Servicios Sociais do Concello, fará a oportuna petición dirixida ó Equipo de Estimación e Orientación (EVO) da Coruña, para que lle sexa estimada a súa mobilidade.

- Cando o titular da tarxeta de estacionamento sexa unha persoa xurídica, deberá sinalar a matrícula dos vehículos habilitados para o transporte das persoas con problemas de mobilidade.

Artigo 10º .-Validez das tarxetas.

O período de validez desta tarxeta, estará vinculado ó período de validez da cualificación da minusvalía emitida pola EVO; se esta cualificación fora definitiva ou permanente, a tarxeta caducará ós dez anos da concesión e no caso de que a cualificación da minusvalía sexa provisional, caducará cando transcorrese o prazo que esta indique.

Para a renovación débese seguir o mesmo procedemento que se seguise para o outorgamento da tarxeta inicial.

As tarxetas de accesibilidade concedidas por unha Entidade Local, terán validez en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, no suposto de cambio de domicilio do beneficiario dunha tarxeta de accesibilidade, este deberá solicitar o traslado do expediente ó novo municipio de residencia.

Artigo 11º .-Uso indebido.

No suposto de que se detecte o uso indebido das tarxetas, de xeito reiterado e debidamente probado, con independencia da sanción pecuniaria que puidera recaer no procedemento sancionador incoado ó efecto, a citada tarxeta será retirada durante un prazo de dous anos polo órgano que a outorgase.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicado integramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e transcorra o prazo de 15 días hábiles previsto no artigo 65.2 da devandita Lei, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.